
O xoves, día 9 de outubro de
2014, o famoso escritor e académico galego, Neira Vilas recibiu o prestixioso
premio
Otero Pedrayo nun acto solemne
celebrado no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Escritor comprometido co seu país e a súa literatura, amante da terra galega e a súa li
ngua, galeguista e universal... así se definiu ao homenaxeado, un dos máis
importantes escritores galegos de todos os tempos.
O presidente galego presidiu a ceremonia de entrega, no que
interviron por orde de actuación, Xesús Alonso Montero, Presidente da Real
Academia Galega; o premiado, Xosé Neira Vilas; o Presidente da Deputación,
Rafael Louzán Abal e finalmente, o Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Núñez
Feixoo. No intermedio e ao final houbo unha actuación musical na que se versionaron poemas de Otero Pedrayo e de Xosé Díaz Castro. Todos eles ovacionaron o autor de Memorias dun neno labrego, no que o presidente de la RAG calificou dun "acto de justicia".
No seu discurso, o premiado fixo un canto de loanza a D. Ramón Otero
Pedrayo, patriarca das Letras Galegas, extraordinario intelectual, profesor,
escritor e subliñou varias veces a expresión "home de ben, un galego bo e xeneroso". Tivo en conta á emigración galega, cancro da
nosa terra, na liña de Rosalía quen se laia da miserenta vida dos emigrados e
das súas tristes consecuencias: despoboación da terra, o deixar orfos de pais
vivos a tantos nenos e mozos. Otero Pedrayo comparte os laídos rosaliáns e
rexeita ese éndemico mal da Nosa Terra. Otero Pedrayo foi homenaxeado pola
diáspora galega en América, a onde viaxou varias veces. Mantivo unha relación de amizade
con Neira Vilas, a quen se dirixe en varias ocasións como irmán, na liña das
Irmandades da Fala.