O teatro
galego está de noraboa. Este ano o Premio Nacional lévao un teatro
feito na casa da man de CHÉVERE, unha prestixiosa compañía que foi premiada "por saber transmitir a súa coherente traxectoria de creación colectiva baseada
na transgresión de xéneros e tamén pola súa vertente humorística e
participativa, sempre conectada coa realidade social e económica".
Trátase dunha
compañía de teatro con 25 anos de traxectoria artística, que se converteu nun dos proxectos escénicos máis importantes
de Galicia. Desde o humor, desde o teatro como xogo e desde a manipulación dos
xéneros gañou a atención dun público amplo, convertendo o escenario nunha
paisaxe para a exposición en aberto dos temas que golpean as nosas vidas.
Inventouse o
grelo-western con Rio Bravo, fixo unha ópera portátil integramente cantada en
galego con Annus Horríbilis (Premio da Crítica de Barcelona ao mellor musical),
embarcou o seu teatro valleinclanesco nunha goleta pirata para visitar a Expo 98
de Lisboa, converteu en teatro un partido de fútbol protagonizado porclowns,
meteuse nunha cúpula inchable para contar unha viaxe alucinante ao interior
dunha matriz..., e ultimamente practicou en escena o cambio de xénero
(Testosterona), inventouse unha biografía moi realista dun dos homes máis ricos
do mundo (Citizen) e riuse de toda a clase dirixente europea (Eurozone).
Ademais,Chévere responsabilizouse do proxecto artístico da Sala Nasa, un teatro
de axitación cultural que funcionou en Santiago de Compostela entre 1992 e
2011.
DENDE ESTE BLOG QUEREMOS DARLLE A NORABOA POLA SÚA TRAXECTORIA E POLO MERECIDÍSIMO PREMIO.
FONTES: