Participa en el Certamen Literario “Jóvenes y Mayores” de La Región

La Región  os ofrece la oportunidad para dejar volar vuestra imaginación, dar forma a vuestras ideas y compartir con otros el poder de la palabra. algo valioso ya que os va a  ayudar a  crecer como escritores e incluso como personas . Así que, ¡no lo dudéis! Tomad papel y bolígrafo Y dejad que las palabras fluyan. Y quién sabe… ¡quizás vuestro relato aparezca publicado en La Región ! ¡Animaos a participar! Cada historia cuenta… ¡y la vuestra puede inspirar a muchos! Os dejamos las bases:  https://drive.google.com/file/d/1sKZNfJQ-Y8DsiTC9cpq8aPIKPhTGBiKR/view?usp=sharing

CHARLA. OS SEGREDOS DAS BURGAS, ANDRÉS POMBO



Este mércores, 4 de decembro, xa rematados os exames, Andrés Pombo achegouse ao noso centro para falar cos rapaces de 3º da ESO sobre O segredo das Burgas, o seu primeiro libro publicado aínda non hai un ano.

O autor presentou brevemente aspectos da creación literaria como a orixe da súa afección por escribir, libros que lle influíron, fontes empregadas para a documentación… para dar protagonismo ás preguntas do alumnado que aproveitou a oportunidade lanzando unha chea de cuestións ao escritor. Logo da sinatura de libros, Andrés serviu de guía a un dos grupos pola zona vella da cidade. Ao longo do roteiro, completou a información e continuou contestando preguntas sobre un Ourense que moitos dos nosos alumnos e alumnas estaban descubrindo.

Mañá, xoves, 5 e o luns, 9, volverá guiar aos dous grupos que quedan polo Ourense das Burgas e das lendas.

Por todo isto, agradecemos á editorial Galaxia e concretamente ao seu representante, que tamén nos acompañou, a atención e facilidades brindadas. E, como non, reiteramos o noso agradecemento a Andrés polo tempo adicado, a súa disposición, proximidade e sinceridade. 

Desexámosche moitísima sorte co teu vindeiro libro que agardamos con impaciencia.

https://drive.google.com/uc?export=view&id=1krG8wT2uRFDNH3Sqz4HCacAUFEUQCIxr

https://drive.google.com/uc?export=view&id=1blLGBiV0Yll7O3qzxHP-iwzBKtSok1Yg

https://drive.google.com/uc?export=view&id=1M2E93hLFLQ1WPJJmS0-iqeTCGOgyE7mn

https://drive.google.com/uc?export=view&id=1AShZXDLe3-h431vOL7FXrAIuZnRiULNF