BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre

BASES DO IV CONCURSO DE POESÍA INÉDITA: “CANDO FALO DE OURENSE O MEU CORAZON DIME…”CÍRCULO POÉTICO OURENSANO

     O círculo poético ourensano convídanos a participar  nun novo concurso de poesía, onde os nosos alumnos de secundaria darán una visión poética sobre a súa cidade, Ourense.




O CÍRCULO POÉTICO OURENSÁN

CONVOCA

O IV CONCURSO DE POESÍA INÉDITA  CO TEMA:
“CANDO FALO DE OURENSE O MEU CORAZÓN DIME…”


BASES:



1.- Poderán participar todos os alumnos e alumnas de primaria e primeiro e segundo ciclo da ESO dos colexios da cidade de Ourense.

2.- A participación será cun só poema, en galego ou en castelán, o cal deberá ser inédito, non premiado noutros certames e que non estea integrado noutro concurso.

3.- Cunha extensión máxima de 40 versos.

4.- Entregarase en folla tamaño carta, por unha soa cara a dobre espazo en letra arial 12, ou ben en formato dixital.

5.- A obra presentaranse baixo pseudónimo ou lema, que figurará na primeira páxina así como no exterior da plica, como única identificación. No interior da devandita plica achegaranse os seguintes datos: nome e apelidos, dirección e correo electrónico, teléfono, breve nota biográfica e colexio ao que pertence.

6.- O poema entregarase na recepción do Hotel Francisco II, rúa Bedoya n.º 17 - Ourense-, ou nas oficinas de cada Colexio participante, en CD ou impreso, en sobre pechado e con pseudónimo; á parte a plica en sobre pechado e co mesmo pseudónimo.

7.- Os orixinais non premiados destruiranse tras o fallo do premio, sen que se manteña correspondencia ningunha sobre eles.

8.- A data límite de entrega de traballos será o 31 de Xaneiro do 2015, ao día seguinte dende as oficinas dos centros poñeranse en contacto con Círculo Poético para que algún dos seus membros pasen a recoller os traballos.

9.- O xurado estará formado por cinco membros de Círculo Poético Ourensano e por tres escritores recoñecidos e de prestixio no campo da literatura aos que se lles enviarán os  traballos  por vía electrónica, a súa composición só se fará pública coincidindo coa difusión do seu fallo. O xurado, que actuará con liberdade e discreción, e cuxas decisións son inapelables, corresponderá discutir e emitir o fallo.

10.- Os resultados  daranse a coñecer o 11 de Abril do 2015 nun acto público con participación de todos os concursantes que terá lugar na Escola de Artes Escénicas do Concello de Ourense, rúa da Canle n.º 4 (Ao lado do Auditorio).

11.- As plicas quedasen en resgardo do Círculo Poético Orensano.

12.- Entregarase diploma de participación a cada participante.

13.- Os premios serán os seguintes:

ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA


- 1º PREMIO: Trofeo e un lote de 5 libros de poesía asinados e dedicados polos autores ou autoras e diploma.

- 2º PREMIO: Trofeo e un lote de 3 libros de poesía asinados e dedicados polos autores ou autoras e diploma.

- 3º PREMIO: Trofeo e un lote de 2 libros de poesía asinados e dedicados polo autor ou autora e diploma.

- 4º ao 10º PREMIOS: Diploma.


ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO DA ESO


- 1º PREMIO: Trofeo e un lote de 5 libros de poesía asinados e dedicados polos autores ou autoras e diploma.

- 2º PREMIO: Trofeo e un lote de 3 libros de poesía asinados e dedicados polos autores ou autoras e diploma.

- 3º PREMIO: Trofeo e un lote de 2 libros de poesía asinados e dedicados polo autor ou autora e diploma.

- 4º ao 10º PREMIOS: Diploma.


14.- Os 20 participantes gañadores recibirán ademais como premio a publicación do poema na Antoloxía: "Cando falo de Ourense o meu corazón dime... " proxecto editorial de Círculo Poético Orensano e do cal recibirán dous exemplares cada gañador, que se entregarán na gala do seguinte concurso.

15.- Os casos non previstos na presente convocatoria serán resoltos polo comité organizador.