BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre...

ENTREGA DE PREMIOS DE RELATO CURTO “EL JARDÍN DE LAS LETRAS”

 
Onte, martes 30 de xaneiro, entregáronse os premios aos gañadores do II Concurso de Relato Curto “El Jardín de las Letras” que organiza o Centro Médico El Carmen. O xurado, escritores e especialistas en comunicación, elixiu un gañador e cinco finalistas en cada categoría (11-12 anos e 13-14 anos).

Os oito finalistas e o gañador do concurso na categoría 11-12 anos, Breixo Gómez Rodríguez, acudiron, xunto cos seus profesores e outros participantes do colexio, ao acto que se celebrou no Salón de Actos do Centro Empresarial de Ourense.
A organización do concurso destacou a alta participación do noso centro e a calidade dos traballos presentados e a concelleira de cultura, Belén Iglesias, felicitou a todos os presentes e animou á mocidade ourensana a seguir escribindo.

No acto presentouse xa o tema para este ano: a igualdade de dereitos entre nenos e nenas e invítannos a participar cos nosos relatos.

O Departamento de Lingua quere felicitar e agradecer a colaboración de todos os alumnos que tomaron parte deste concurso, aos finalistas: Mar Valiño Ramos, Raúl Álvarez Pampín, Andrea Bugallo Boán, Carla Trasar Vázquez, Paula Penín Santana, Lucía Guede López, Ariadna Ocampo Freigedo, Aída López Bernárdez e especialmente ao gañador na súa categoría, Breixo Gómez Rodríguez.