1.- Poderán participar todos os alumnos e alumnas de primaria e primeiro e segundo ciclo da ESO dos colexios da provincia de Ourense.
2.- A participación será cun só poema, en galego ou en castelán, o cal deberá ser inédito, non premiado noutros certames nin estea integrado noutro concurso, e que estará adicado a aquela persoa, animal, lugar, obxeto ou situación que sirva de inspiración os e as participantes.
3.- Cunha extensión máxima de 40 versos.
4.- Entregarase en folla tamaño carta, por unha soa cara a dobre espazo en letra arial 12, ou ben en formato dixital.
5.- A obra presentaranse baixo pseudónimo ou lema, que figurará na primeira páxina así como no exterior da plica, como única identificación. No interior da devandita plica achegaranse os seguintes datos: nome e apelidos, dirección e correo electrónico, teléfono, breve nota biográfica e colexio ao que pertence.
6.- O poema, ou poemas si a entrega a fai o colexio conxuntamente con todos os e as participantes, entregarase en mán ou por correo na recepción do Hotel Francisco II, rúa Bedoya n.º 17 - 32.004 - Ourense-, ou na Secretaría de cada Colexio participante, en CD ou impreso, en sobre pechado e con pseudónimo; aparte presentarase a plica en sobre pechado e co mesmo pseudónimo.
7.- Os orixinais non premiados destruiranse tras o fallo do premio, sen que se manteña correspondencia ningunha sobre eles.
8.- A data límite de entrega de traballos será o 29 de Febreiro do 2016, se se faí mediante entrega en man ou por correo no Hotel Francisco II, se se entregan na Secretaría do centro ao día seguinte dende as Secretarías poñeranse en contacto con Círculo Poético, nos teléfonos 609.44.00.38 ou 662.17.91.31 para que algún dos seus membros pasen a recoller os traballos.
9.- O xurado estará formado por cinco membros de Círculo Poético Ourensano e por tres escritores recoñecidos e de prestixio no campo da literatura aos que se lles enviarán os traballos por vía electrónica, a súa composición só se fará pública coincidindo coa difusión do seu fallo. O xurado, que actuará con liberdade e discreción, e cuxas decisións son inapelables, corresponderá discutir e emitir o fallo.
10.- Os resultados daranse a coñecer o 30 de Abril do 2016 nun acto público con participación de todos os e as concursantes que terá lugar na Escola de Artes Escénicas do Concello de Ourense, rúa da Canle n.º 4 (Ao lado do Auditorio).
11.- As plicas quedasen en resgardo do Círculo Poético Orensán.
12.- Entregarase diploma de participación a cada participante.
13.- Os premios serán os seguintes:
ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA
- 1º PREMIO: Trofeo e un lote de 5 libros e diploma.
- 2º PREMIO: Trofeo e un lote de 3 libros e diploma.
- 3º PREMIO: Trofeo e un lote de 2 libros tora e diploma.
- 4º ao 10º PREMIOS: Diploma.
ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO DA ESO
- 1º PREMIO: Trofeo e un lote de 5 libros e diploma.
- 2º PREMIO: Trofeo e un lote de 3 libros e diploma.
- 3º PREMIO: Trofeo e un lote de 2 libros e diploma.
- 4º ao 10º PREMIOS: Diploma.
14.- Os 20 finalistas de Primaria e os 20 finalistas da ESO recibirán ademais como premio a publicación do seu poema na Antoloxía: "INSPIRACIÓNS" proxecto editorial de Círculo Poético Orensán e do cal recibirán dous exemplares cada gañador, que se entregarán na gala do seguinte concurso.
15.- Os casos non previstos na presente convocatoria serán resoltos polo comité organizador.