BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA



Esta é a homenaxe dos nosos alumnos de 1º de ESO C á muller traballadora en forma de poesía:

A miña avoa

Neste oito de marzo en loita pola igualdade
quero homenaxear á miña avoa,
unha auténtica heroína dende a mocidade.

Naceu nunha pequena aldea durante a postguerra.
Foi o xusto á escola para aprender “as catro regras”.
Dende moi nova soubo o que era o traballo duro.

Casou con dezasete anos,casi unha nena,
e aos dezaoito xa tiña descendencia.
Fíxose unha muller “da súa casa” en plena adolescencia.

Sen saír nunca dunha aldea de interior,
Sen saber o que era un coche ou a electricidade,
Sen coñecer máis lingua que a materna
e deixando cos avós a súa nena,
aos vinte anos emigrou a Francia co seu home.
Pódese ser máis valente?

Á volta da emigración montaron un negocio.
Máis traballo para ela: a casa, o bar, a familia…
Para cando disfrutar do tempo de ocio?

Coidou as fillas, á avoa, ao pai e á sogra.
En canto pasaron os anos e as fillas se emanciparon
aumentáronlle as tarefas, tivo que exercer de avoa.

Coidou dos seus cinco netos, mentras seus pais traballaban
Deulles cariño,tenrura e nunca lles faltou nada.
Os seus netos e netas adoran a esta “matriarca”.
Hoxe xubilada e viúva non para de dar amor:
Colabora coa parroquia axudando aos necesitados,
vai visitar aos enfermos e failles compañía. 

É ou non é unha heroína?

Lucía Álvarez Domínguez 


Que é unha muller traballadora?
é aquela que consegue sempre
o que se propoña.
Son mulleres valentes, decididas
e por suposto soñadoras.

Dende doutoras, mestras, enxeñeiras,
directoras, policías, secretarias,
ministras ou incluso limpiadoras
e moitas máis.

Elas pasan o día traballando,
tanto na casa coma fóra
sen parar ningunha hora.

Defenden no xulgado 
coma calquer avogado 
e tamén limpan o piso
sen perder o seu sorriso.

Sexan irmás, nais ou avoas,

TODAS SODES MULLERES TRABALLADORAS

Mauro Rivera Pérez 


Hai unha persoa na nosa vidas 
á que todo lle temos que agradecer, 
é educada ,é amable 
é incansable , é a muller. 

As mulleres fortes son as 
que todo o logran 
sendo enxeñeiras , directoras , 
contadoras ou doutoras. 

E tarde , cando chegan ao fogar , 
elas convértense en grandes nais 
ensiando e educando, 
polo benestar dos demais. 

Que pasaría se ningunha muller 
estivera no fogar ? 
Que ninguén sabería que facer 
e empezaríamos a tolear.

Javier Tombo 


Unha muller pode ser nai. 
As nais son grandes persoas, 
Coidan dos seus fillos 
e ensinánlles cousas boas. 

Unha muller pode ser amiga, 
amable e divertida. 
Prudente, paciente e reflexiva 
e sempre compasiva 

Unha muller pode ser traballadora, 
Incansable, constante. 
Buscando a igualdade na sociedade, 
traballando duro polos seus dereitos. 

Elas son fontes inesgotables de amor, 
todas as mulleres das nosas vidas, 
avoas, nais, irmás, amigas… 
Felicidades teñan todas neste día! 

Antón Portabales Portabales 1º ESO C