BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre

PARA UNHA SITUACIÓN EXCEPCIONAL, MATERIAL EXCEPCIONAL!


Fronte a situación que estamos a vivir estes días e para non caer no aburrimento, internet convértese  nunha fonte virtual inesgotable de recursos culturais.
Por iso queremos informar a toda a nosa comunidade educativa dunha serie de contribucións culturais de acceso libre de diferentes organismos.
Velaquí distintas opcións máis que interesantes para aproveitar nestes días:

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
Outras das opcións interesantes é a que proporciona o Consorcio editorial galego que contactou co noso centro para informarnos de que, grazas á solidariedade de moitos e moitas creadoras e editoriais, poden achegarnos unha serie de materias de balde para distintas idades e así facer máis levadía esta situación.

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/