BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre

ASISTIMOS AL TEATRO



Os alumnos de 1º da ESO asistiron esta mañá á Escola Municipal de Teatro e Artes Escénicas para presenciar a obra " Superheroes", posta en escena polo grupo de teatro do colexio Santo Ángel.
Esta actividade complementaria está organizada pola Concellería de Educación de Ourense forma parte do Festival de Teatro MOTECES que se organiza cada ano por estas datas e na que participan grupos de teatro de diferentes centros. Esta mostra consiste nunha serie de representacións interpretadas por grupos de teatro formados polo alumnado de ESO.
Mañá será o día no que o grupo de Teatro Vedruna participará na mostra coa obra " El cartero del rey" dirigida por el profesor Pablo Silva.