BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre...

LETRAS GALEGAS 2018



Este venres, 18 de maio, os alumnos da ESO celebraron o Día das Letras Galegas no Salón de Actos. Os maiores do ciclo recordaron as únicas catro mulleres homenaxeadas con esta distinción, centrándose especialmente na autora deste ano, Mª Victoria Moreno. O acto contou tamén coa participación dos gañadores do III CONCURSO DE RECITADO DE POESÍA organizado polo Dpto. de Lingua que logo de declamar os poemas, recibiron o premio de mans da Xefa do Dpto.
Os alumnos/as que resultaron premiados son:
Leyre Padrón Morales  e Ana Rodríguez Cordero de 1º ESO.
María Castro Fernández de 2º da ESO
Sofía Cid Núñez de 3º da ESO

Deixámosvos algúns dos momentos más destacados da celebración.