BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre...

BASES DO XVII CERTAME LITERARIO VEDRUNA


Ponse en marcha como todos os anos o noso certame literario Vedruna, un evento ao que vos invitamos a participar e que acollemos sempre con moito entusiasmo.

Estas son as bases do concurso:

1º- Poderán participar os alumnos de 1º, 2º e 3º ESO
2º- O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame.
3º- Concederase un primeiro e un segundo premio en cada lingua: dous premios en Lingua Castelá e dous en Lingua Galega, sempre que o xurado o estime oportuno.
4º- Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua
Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso.
5º- Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente legible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara.
6º- Os traballos realizaranse na Biblioteca do Colexio, en folios selados, o día 13 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h.
7º- Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante.
8º- Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido.
9º-O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da A. N.P.A.
10º- A decisión do xurado será dada a coñecer o día 26 de febreiro.
11º- A resolución do xurado, que poderá deixar deserto algún premio, será inapelable.