BASES DO XX CERTAME LITERARIO VEDRUNA

1º Poderán participar alumnado de 1º, 2º e 3º ESO 2º O tema non se fará público ata o mesmo día en que se celebre o Certame. 3º Os traballos han de ser orixinais e inéditos, escritos en Lingua Castelá ou en Lingua Galega, en prosa (que poderá adoptar forma de carta, relato curto, conto, ...) ou en verso. 4º Presentaranse manuscritos, con letra perfectamente lexible, en follas de tamaño folio e por unha soa cara. 5º Os traballos realizaranse na propia aula, en folios selados, o día 2 de febreiro, de 9:30 a 11:30 h. 6º Asinaranse cun pseudónimo e irán grampados a un sobre pechado no que figuren os datos do concursante. 7º Valorarase a beleza de forma e a riqueza de contido. 8º O xurado estará composto por profesores do Departamento de Lengua / Lingua e membros da Asociación de Nais e Pais do Colexio (ANPA). 9º A decisión do xurado será dada a coñecer o día 11 de febreiro. 10º O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a decisión será inapelable. 11º Pre

IMOS AO TEATRO


Este luns 3 de novembro ás 16.00 horas no Auditorio os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato serán os privilexiados que poderán disfrutar da obra teatral "Perplexo" da compañía ourensá Il Maquinario. Unha comedia baseada na obra do dramaturgo Marius Von Mayenburg, dirixida por Tito Asorey e protagonizada por Francisco Lareu, Fernando González, Melania Cruz y Laura Míguez.

En “Perplexo”, Laura e Fernando volven a casa despois das vacacións,  ao pouco de entrar perciben nela pequenos pero estraños cambios: unha nova planta aparece na cociña, o seu gato non está por ningunha parte, a luz está cortada por falta de pagamento, aínda que uns amigos da parella, Fran e Mela, quedaron ao coidado das cousas na súa ausencia. Cando os catro personaxes aparecen en escena a situación dá un xiro, pois semella que os amigos son os verdadeiros e lexítimos propietarios da vivenda. A partir deste momento, a peza sucédese nun continuo xogo de intercambio de roles, onde o espectador vive un vertixinoso devir de escenas e no que o teatro se converte nunha metáfora da nosa realidade actual, na que todos temos que nos impoñer determinadas máscaras sociais para facer fronte ás novas situacións que a vida nos presenta.


A peza, na que os personaxes teñen o mesmo nome que os actores que a interpretan, xoga dun xeito audaz co teatro dentro do teatro para falar, de xeito tremendamente cómico, de temas de tanta actualidade como son a busca dunha identidade propia, o racismo, as dificultades das relacións de parella ou a existencia dun poder supremo.

Dende este blog queremos desexarlles unha grande estrea e moito éxito.