
Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.
- Categoría D: rapaces e rapazas de 12 a 14 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.
- Categoría E: mozos e mozas de 15 a 17 anos.
Premios:
1.º clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.
Para esta categoría as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
Os traballos presentaranse en sobre pechado, orixinal e cinco copias, figurando no seu exterior a mención “XXIV Certame Francisco Añón de Poesía”. No seu interior achegarase un sobre pequeno, tamén pechado, figurando no exterior o título da obra, a categoría na que participa e o lema ou pseudónimo do autor; e no interior os datos persoais (nome, idade, enderezo, teléfono de contacto, centro de estudos, titulo da obra e lema ou pseudónimo) e fotocopia do DNI ou CIF. Estes traballos recolleranse na Casa da Cultura, Avda. de San Campio, 1 - 15230 Outes (A Coruña). Tamén poden enviarse por correo ao devandito enderezo.
O prazo de presentación estará aberto ata o 2 de abril de 2020.
Para máis información, cliquea neste enlace:
http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar/item/18410-xxiv-certame-francisco-anon-de-poesia